jueves, marzo 28, 2024
InicioO PaísPontevedraAtopan o corpo dunha muller flotando na auga en Bueu

Atopan o corpo dunha muller flotando na auga en Bueu

Na praia de Ancoradouro.

Un particular avistou o corpo flotando na auga, que foi rescatado polos Bombeiros do Morrazo. O achado tivo lugar, pasados dez minutos das 12:00 horas deste mediodía. Foi a esa hora, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar de que vía un corpo tirado nas rocas, no lugar do Cabo Udra, en Beluso, na praia de Ancoradouro.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos axentes da Policía Local, da Garda Civil e dos Bombeiros. Do mesmo xeito, foron informados o persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Garda Costas de Galicia. Así, nada máis chegar, os Bombeiros comprobaron que o corpo estaba a flotar na auga, entre as rocas, e indicaron que procedían ao seu auxilio. Tras ser rescatado, confirmaron que se trataba do cadáver dunha señora de avanzada idade, polo que, as forzas da orde traballarán para esclarecer as causas do suceso.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES