jueves, abril 25, 2024
InicioO PaísOurenseUn cazador, ferido ao disparárselle a escopeta en Ourense

Un cazador, ferido ao disparárselle a escopeta en Ourense

O home, que mentres practicaba esta actividade en Cordelle, no lugar de Chamoso, e ao que se lle disparou a arma accidentalmente, non parecía revestir gravidade

Así o indicaron os efectivos de Protección Civil de Parada de Sil, que explican, tamén, que foron precisamente os membros desta Agrupación de Volunario quen, sobre as 11:00 horas acudiron ao momento para prestar axuda ao cazador. Tras ter coñecemento do suceso informaron e solicitaron asistencia sanitaria ao 112 para o home, que estaba ferido nun pé.

Con estes datos, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil e, unha vez no punto, os membros de Protección Civil acompañaron ao ferido ata o campo de fútbol da localidade onde o esperaba unha ambulancia e que, finalmente, trasladouno ao centro sanitario de referencia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES