jueves, marzo 28, 2024
InicioO PaísOurenseO Concello de Ourense licita as obras das rúas Valle Inclán, Ramón...

O Concello de Ourense licita as obras das rúas Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya

Dá o visto bo á sinatura dun protocolo coa Xunta para o desenvolvemento urbanístico da zona das Lagoas

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza, desta mañá, o protocolo de colaboración entre o Concello de Ourense e a Consellería de Facenda e administración pública para o desenvolvemento urbanístico da zona das Lagoas.

Nesta zona, a administración autonómica prevé construír a súa nova sede na cidade, nun ámbito no que tamén se executará unha praza pública e un aparcadoiro público baixo custo, entre outras actuacións.

No tocante a obras, foi aprobado o expediente para contratar o proxecto de acondicionamento e mellora das rúas Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya, na súa intersección con Valle Inclán e Avenida de Bos Aires.

O orzamento é de 1,2 millóns de euros. Unha intervención especialmente necesaria, destacou o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, dado que estas rúas “levaban lustros nun estado “calamitoso, polo que urxen”, xa que son ”moi demandadas polos veciños”.

Na mesma sesión, aprobou a convocatoria de axudas ás familias para a compra de libros e comedores escolares para o próximo curso 2022/2023.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES