sábado, abril 20, 2024
InicioO PaísOurense"A maior intermodalidade está en Ourense"

«A maior intermodalidade está en Ourense»

A conselleira de Infraestrucutras e Mobilidade, Ethel Vázquez, puxo en valor a estación intermodal de Ourense, que votou a andar na fin de semana.

A esta posta en marcha acudiron representantes do concello como o seu alcalde, Gonzalo Jácome, e a representante autonómica, Ethel Vázquez, quen dixo que » a maior intermodalidade das estacións de Galicia atópase en Ourense» e explicou que «a cidade convértese na primeira  na que os viaxeiros poden transbordar directamente entre o autobús e o tren en 30 segundos, cunha “intermodalidade plena” nun único emprazamento e ao mesmo nivel».

Lamenta a conselleira que a estación de autobuses da intermodal se poña en servizo sen o AVE a Galicia e cunha “negativa rotunda” do Goberno de España ao diálogo coa cidade de Ourense sobre a reforma da terminal ferroviaria, «que xera inquedanza na cidade». A nova estación de autobuses de Ourense, con máis de 7.300 m², 16 dársenas para autocares e un edificio de viaxeiros de máis de 700 m², ponse en servizo coa previsión de albergar case 80.000 expedicións e 400.000 viaxeiros ao ano, segundo apunta Vázquez.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES