viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísOurense e Vigo disparan os seus casos COVID por riba de 600

Ourense e Vigo disparan os seus casos COVID por riba de 600

Os casos activos seguen aumentando en todas as áreas sanitarias galegas pero de maneira preocupante na área de Vigo e na de Ourense, que xa superan os 600 casos. Nos hospitais tamén se superan xa os 70 ingresos por COVID-19.

Os casos activos de coronavirus en Galicia xa son 2.696.

Foron detectados 262 novos casos por probas diagnósticas na última xornada.

Por áreas sanitarias está á cabeza a de Ourense, pero ben preto da área de Vigo:

Ourense: 693 (+51)

Vigo: 665 (+77)

A Coruña: 453 (+19)

Lugo: 279 (+22)

Santiago: 242 (+9)

Pontevedra: 225 (+6)

Ferrol: 139 (+5)

Nos hospitais de Galicia xa se superan os 70 ingresos por coronavirus. En total, hai 14 persoas en UCI (=) e 62 en planta (+3). 

O Sergas non notificou decesos por mor da covid, polo que se mantén a cifra nos 2.662 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES