viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísOs positivos de COVID-19 aumentan en toda Galicia

Os positivos de COVID-19 aumentan en toda Galicia

Os casos activos de COVID-19 aumentan en toda Galicia aínda que de maneira significativa na área de Vigo, que se sitúa á cabeza con 732 positivos. O aumento dos contaxios xa se deixa notar tamén nos hospitais, con case 200 ingresados de novo.

Os efectos da Semana Santa xa se deixan notar en Galicia. É a cuarta vaga da pandemia que xa se manifestou antes en outros puntos de España.

Preocupante é especialmente o ascenso na área de Vigo e na propia cidade olívica, con 26 positivos máis nun único día. Nesta cidade detectouse ademais presenza ampla da variante brasileira. De feito Vigo cidade podería ter maiores restricións nos próximos días se chega finalmente a unha incidencia de 150 casos por 100.000 habitantes.

Todas as áreas sanitarias subiron os seus casos:

A Coruña: 677 (+4)

Vigo: 732 (+26)

Ourense: 226 (+6)

Santiago: 370 (+2)

Lugo: 205 (+13)

Pontevedra: 448 (+20)

Ferrol: 109 (+3)

O total de casos é de 2.767, 74 máis ca onte, tras 154 novos positivos, 134 a través de probas PCR.

 

Case 200 hospitalizados

Nos hospitais galegos hai 199 persoas ingresadas, a cifra máis alta en dúas semanas: 166 en planta (+4) e 33 nas UCI (+3). 

 

Na última xornada o Sergas notificou dúas mortes máis por coronavirus fan un total de 2.373 vítimas no que vai de pandemia en Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES