jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísOs mariñeiros de altura piden ser vacinados con prioridade

Os mariñeiros de altura piden ser vacinados con prioridade

Pedíronllo ao Goberno central e tamén á Xunta, pero de momento a súa petición non foi aceptada. Pasan meses en alta mar e en caso de que algún dea positivo en coronavirus non terán maneira de tratalo nin de protexerse os demais.

A solicitude tramitouna a Cooperativa de Armadores de Vigo e a Federación de Confrarías, que reclaman vacinas monodoses e que se apliquen en conxunto a toda a tripulación das embarcacións de altura.

Traballando en augas internacionais case todo o ano terían que ir a porto a un país no que a atención sanitaria non sería a que poderían ter en Galicia, por iso reclaman que se lles teña en conta á hora de protexelos.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES