sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísOs casos COVID seguen subindo pola alza na área de Ourense

Os casos COVID seguen subindo pola alza na área de Ourense

Galicia ten 533 casos activos de coronavirus, son tres máis que un día anterior. A causa principal do ascenso é a área sanitaria de Ourense que leva dez días consecutivos incrementando os seus casos, aínda que á área coruñesa continúa á cabeza.

 En Galicia aumentaron na última xornada cos contaxios diarios detectados con probas diagnósticas (+11) con respecto ao día anterior. Foron detectados 38 novos casos.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 134 (-3)

Ourense: 126 (+11)

Vigo: 80 (=)

Pontevedra: 57 (-3)

Santiago: 50 (=)

Lugo: 43 (-3)

Ferrol: 43 (+1)

Nos hospitais galegos hai 2 persoas máis ingresadas. En total 32 persoas precisan hospitalización pola COVID-19; 26 en planta (+2) e 6 en UCI (=). 

O Sergas notificou un deceso por mor da covid nas últimas 24 horas, elevando a cifra a 2.653 desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES