jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísOs axentes lembran que o maquinista se inculpou do accidente

Os axentes lembran que o maquinista se inculpou do accidente

Os policías que investigaron o sinistro do tren Alvia, en Angrois, relataron no xuízo, autoculpábase do sucedido reiteradamente, polo exceso de velocidade e por terse despistado de a que altura do traxecto estaba.

O maquinista e acusado Francisco José Garzón Amo dixo ata en tres ocasións «fodina» e que estivera circulando «a 190 quilómetros por hora».

Ao preguntarlle que pasara, a súa resposta foi esa: «fodina». Despois falou da velocidade e enseguida preguntou se había feridos.

Un dos policías que o custodiou no seu traslado ao hospital destacou que outras das frases do maquinista, xurdidas de maneira espontánea, foron: «Miña nai, o que fixen», «Oxalá me pasase a min», e á parte que se despistou, «perdín as referencias».

Ocultación de información

A análise dos rexistros telefónicos deu a coñecer a chamada que mantiveron o maquinista e o interventor do tren instantes antes do descarrilamento. Ata entón o interventor negou a existencia da chamada.

Tampouco fixera referencia á chamada o maquinista, e o garda de seguridade privada que ía no tren negouse a falar do asunto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES