sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísOs 3 sobreviventes do Villa de Pitanxo declaran en Madrid

Os 3 sobreviventes do Villa de Pitanxo declaran en Madrid

Na Audiencia Nacional e ante o xuíz Ismael Moreno. Os tres sobreviventes do barco que naufragou en terras canadenses, o Villa de Pitanxo, prestan declaración este luns en Madrid. O ghanés Samuel Kwesi, o patrón Juan Padín e o seu sobriño Eduardo Rial. O patrón comparece en calidade de investigado polo delito de 21 homicidios por imprudencia grave. 

 Hai contradicións nas distintas versións aportadas ata agora polos tres e nas declaracións tratará de esclarecerse a verdade.

Ademais, o titular do Xulgado Central de Instrución número 2 debe decidir se prohibe de maneira cautelar ao patrón embarcar de novo noutro barco, como reclamaron as familias dos 21 mariñeiros falecidos, quen xa presentaron unha querela contra el, o seu sobriño e a casa armadora.

A Fiscalía xa vira indicios de, polo menos, 21 delitos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES