viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísOperativo antidroga no Salnés con máis de 25 detidos

Operativo antidroga no Salnés con máis de 25 detidos

Un operativo antidroga da Policía Nacional iniciouse este luns de madrugada no Salnés e polo momento foron detidas 25 persoas en distintos concellos, con ramificacións tamén na Barbanza.

Un dispositivo policial integrado por axentes do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) e a Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO), con efectivos procedentes da comisaría de Pontevedra e chegados desde Madrid, con guías caninos e dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES).

O caso lévao xulgado de Vilagarcía que autorizou rexistros en varias propiedades en numerosos concellos, que se veñen desenvolvendo desde as cinco da madrugada, con especial incidencia na Illa de Arousa, onde se produciron un gran número de detencións.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES