viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísO xefe de maquinistas alertara do cambio brusco de velocidade

O xefe de maquinistas alertara do cambio brusco de velocidade

Como a normativa permitía ese cambio de velocidade brusco, de 200 a 80 kms/h, antes da curva da Grandeira, así seguiu a ser a pesar de desaconsellarse nun informe técnico.

O xefe de maquinistas da xerencia de Galicia Renfe Operadora, José Ramón Iglesias Mazaira, confesou este xoves na sexta xornada do xuízo a súa preocupación máxima polos cambios bruscos de velocidade como o que se produce antes da curva da Grandeira, un salto de 200 a 80 km/h.

«Nese punto, coincidía algo que eu non vira nunca, un salto de 200 a 80; o máis importante é que coincidía co cambio de ERTMS a ASFA. Era un punto onde se pode dividir a atención do maquinista», asegurou Iglesias Mazaira, nunha declaración que durou case catro horas.

Fixo fincapé en que sen sinais laterais para os cambios significativos na marcha, xa sexan ascendentes ou descendentes, que el pediu nun documento por escrito, queda unicamente sometido á responsabilidade dos maquinistas o cumprimento das limitacións.

«Hai que xogar moito coa memoria e coa atención excesiva, desde que se aumentaron as velocidades en toda a rede ferroviaria», manifestou.

O sinal tardío de 80 km/h na propia curva, de «pouco vale», dicía nesa comunicación, «debido a que de non reducir previamente a velocidade, nada se poderá facer xa».

«Acheguei o documento enteiro e comentei que me gustaría que incluísen para que os maquinistas fosen conscientes dese chanzo de velocidade tan importante», subliñou. A «resposta» que lle deron é «que iso non se ía trasladar porque estaba amparado normativamente», destacou.

Por iso, chamou a atención sobre que «se tiña que facer un cambio normativo, como se fixo máis tarde», que implicase a colocación de sinais laterais para avisar ao maquinista de que debía reducir a velocidade.

Dispositivos móbiles a bordo

O maquinista levaba consigo polo menos dous teléfonos móbiles e un Ipad no momento do accidente. A normativa prohíbe levalos conectados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES