martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísO sistema educativo galego está preparado para a docencia virtual

O sistema educativo galego está preparado para a docencia virtual

O Comité Educativo vén de certificar que a práctica totalidade dos centros educativos están preparados para o ensino virtual cos seus horarios-espello deseñados, as aulas virtuais operativas así como con case todo o profesorado formado.

Así se desprende dos datos de seguimento da implantación do Plan de Ensino Virtual elaborado co obxectivo de estar preparados de xeito preventivo en caso de que a situación epidemiolóxica requirira pasar da presencialidade á atención telemática, unha posibilidade que a día de hoxe está descartada logo de que o Comité Clínico avalara a seguridade dos centros escolares, onde non hai transmisión interna agás casos moi puntuais.

Logo dun chequeo dos centros escolares a cargo dos servizos de inspección, nestes momentos a meirande parte deles xa teñen elaborados e incorporados aos plans de continxencia os seus respectivos horarios-espello para garantir a continuidade da docencia en caso de corentenas. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou ante o Comité Educativo que “dos 1.226 centros públicos, só 26 teñen aínda pendente a adaptación de algunha materia, área ou módulo á docencia virtual”. Por iso, desde o departamento educativo xa se está traballando con todos eles para solucionar as posibles eivas detectadas e acadar canto antes que o cen por cen dos centros estean totalmente preparados.

Equipamento tecnolóxico

Así mesmo, cóntase cos equipamentos e materiais tecnolóxicos necesarios para, chegado o caso, optar polo ensino non presencial. A día de hoxe, segundo explicou o conselleiro, a Xunta dispón dun banco de 4.000 equipos informáticos en stock á disposición do alumnado que o precise, ao que hai que engadir outros 14.500 equipos que están pendentes de subministro por parte do Goberno do Estado a través de Red.es, e que se espera a súa chegada nas próximas semanas. No que vai de curso só foi preciso prestar 241 dispositivos.

No que atinxe á formación necesaria do profesorado para que o proceso de ensino-aprendizaxe en modo virtual se leve a cabo con todas as garantías, nestes momentos 30.231 docentes (22.175 deles xa acreditados) participaron nalgunha das case 1.700 accións formativas en competencias dixitais ofertadas pola Consellería.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES