jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísO sindicato médico denuncia 100 prazas baleiras en Primaria

O sindicato médico denuncia 100 prazas baleiras en Primaria

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denuncia a existencia de «polo menos 100 prazas ocultas» de Atención Primaria que «están sen cubrir» nas distintas áreas sanitarias de Galicia.

A CESM esixelle ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que «sexan ocupadas urxentemente con carácter interino» para así «tratar de atenuar a insoportable situación que viven os facultativos por falta de persoal».

Así o expuxo onte CESM que explica que «mentres non se cubran esas prazas de forma interina non poderán saír ao concurso de traslados, cernando así os dereitos de moitos profesionais sanitarios que optarían a elas en busca dunha maior conciliación familiar», e non descarta que detrás de «esta actitude da Administración» se «esconda a intención de amortizalas», por iso reclama «accións urxentes».

CESM Galicia expón que, tras dous anos de pandemia nos que se viviron «situacións insólitas en canto a falta de medios humanos e materiais», engádese agora «unha insoportable carga de traballo e cunhas nefastas consecuencias para a saúde de centos de profesionais sanitarios».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES