viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas valora trasladar contaxiados da Coruña a Lugo

O Sergas valora trasladar contaxiados da Coruña a Lugo

A área sanitaria da Coruña é a que máis lle preocupa ao Sergas arestora con máis de 6.000 casos activos e máis de 400 hospitalizacións. Consecuentemente, para garantir a dispoñibilidade de camas de UCI, a xerencia do Sergas non descarta derivar pacientes dos hospitais coruñeses aos de Lugo.

As UCI da Coruña teñen  82 enfermos críticos, tres máis que o sábado e máis do dobre que hai unha semana. Se o ritmo de ocupación continúa con esta progresión os hospitais da área sanitaria poderían quedar sen camas e por iso o xerente do Sergas, Xosé Manuel Flores, explica que o Sergas non descarta os traslados, aínda que por agora A Coruña aínda está ao límite de comezar a fase 4, de modo que aínda tería por diante 20, 25 camas para  atender pacientes críticos. «Sen chegar a ese límite sería cando empezar a contemplar que Lugo asuma moitos pacientes», explicda Xosé Manuel Flores, xerente do Sergas.
 O xerente do Sergas asegura que dende hai semanas os hospitais coordínanse a diario para dar servizo a toda Galicia como un único centro hospitalario.

«Imos poñer toda a rede nese concepto de hospital único galego a disposición de todos os galegos que o poidan necesitar» tendo en conta o avance diario de hospitalizacións continúa en toda Galicia.

Nas últimas horas morreron sete persoas no CHUAC, a área sanitaria supera o medio cento de falecidos nunha semana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES