martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísO morto de Negreira tiña 200 plantas de marihuana na casa

O morto de Negreira tiña 200 plantas de marihuana na casa

O veciño de Negreira que apareceu morto na súa casa sen sinais de violencia, resultou agochar unha sorpresa. No seu domicilio existían 184 plantas de marihuana e diferentes elementos para a súa comercialización.

A Garda Civil inspeccionou a súa vivenda, en Alvite ( Negreira), o pasado luns e os axentes atoparon unha plantación de marihuana, cando o que buscaban era pescudas sobre a súa morte.

A vivenda está situada no número 8 do lugar de Niñarelle e nela había nada menos que 184 plantas de marihuana. Os axentes do posto de Negreira tamén localizaron varias bolsas plásticas que contiñan cogollos secos desta planta cun peso total de 540 gramos, así como doce lámpadas de cultivo, tres deshumidificadores, un extractor de fume, seis ventiladores e varios programadores de corte eléctrico.

A Garda Civil incautouse da plantación e de todos os efectos atopados e iniciou unha investigación que non tardou moito en dar os seus resultados. O obxectivo principal era determinar se o falecido era o único responsable da plantación de marihuana ou se tiña algún colaborador. Tras un minucioso estudo e análise de toda a documentación solicitada, os axentes puideron identificar ao presunto cómplice, ao que se lle imputa un delito contra a saúde pública polo cultivo e distribución da droga.

Tanto as plantas de marihuana como os obxectos localizados no operativo xa foron postos a disposición do Xulgado de Instrución e Primeira Instancia de Negreira.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES