martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísO mal estado do formigón, causa da caída do viaduto da A6

O mal estado do formigón, causa da caída do viaduto da A6

Os dous informes encargados polo Ministerio de Tranportes ofrecen conclusións semellantes: o viaduto do Castro, na A-6 caeu por «unha concatenación de factores».

O secretario xeral de Infraestruturas, Xavier Flores, explicou que a ponte caeu mentres se están realizando nela uns traballos de reparación urxentes, logo de que se detectara un imporante deterioración na infraestrutura. Neses traballos estábase a empregar unha técnica de hidrodemolición, que supoña un importante presión sobre a ponte, pero «por si soa non provoca o colapso», apunta Flores, senón que as condicións nas que estaban os materiais, principalmente o formigón, en «peor estado do agardado», fixo que o viaduto acabase caendo.

Así as cousas, os informes, elaborados polas empresas Ideam e Mg2, conclúen que a caída foi «por unha combinación de factores, que por si sós non provocarían o colapso».

Segundo explican desde o ministerio, estas conclusións que xa lle foron trasladadas á Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León, son preliminares, pero «sorprendería que houbese algún cambio no resultado».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES