sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísO informe de causas do accidente de bus no Lérez tardará meses

O informe de causas do accidente de bus no Lérez tardará meses

Rescatados as 7 vítimas mortais e os 2 superviventes, a investigación sobre as causas «múltiples» do accidente do autobús que caeu o río Lérez en Noiteboa durará uns seis meses.

 O equipo de expertos da Garda Civil desprazados desde Madrid a Galicia arrincou a primeira hora deste mércores a reconstrución do accidente de autobús ocorrido en Noiteboa en Cerdedo-Cotobade.

Sobre as 10:00 horas, os membros do Equipo de Reconstrución de Accidentes de Tráfico (ERAT) empezaron a inspeccionar a zona cun equipo de topografía e cortaron o acceso aos dous extremos da ponte para gravar vídeos para o xulgado.

Os axentes, expertos en materia de accidentes de tráfico, reconstrúen o sinistro para determinar as causas que puideron desembocar nel.

Medicións no punto do accidente, características e condicións da calzada, adherencia do asfalto, as distancias que percorreu o autobús, ou probas de freada sos parte do traballo inicial que, previsiblemente, se prolongará durante meses.

As condicións meteorolóxicas deste mércores aproximábanse algo as do día do sinistro, porque choveu intensamente por momentos.

Nestes traballos empregaron un escáner láser para facer un estudo tridimensional da zona e drons chegados dende Asturias.

Os expertos tomarán tamén declaración aos douos superviventes en próximos días.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES