martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísO Cunqueiro vai acoller portugueses con COVID-19

O Cunqueiro vai acoller portugueses con COVID-19

Portugal pediu fai semanas axuda internacional ante a saturación dos seus hospitais pola pandemia e Galicia vai acoller enfermos lusos de COVID-19 no Cunqueiro.

Está por confirmarse se os enfermos portugueses con COVID-19 que cheguen ao hospital Álvaro Cunqueiro ocuparán camas convencionais ou de UCI.

Inicialmente os contaxiados lusos de coronavirus que chegarán ao hospital de Beade serán dos municipios de Caminha e Valença.

A acollida para auxiliar ao país veciño anunciouna o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este venres na súa visita ao Ifevi, en Vigo, onde se está a realizar un cribado masivo mediante test de antíxenos. Feijóo animou aos galegos e galegas a participar nestes cribados cos que o Sergas trata de buscar asintomáticos de COVID-19.

«Nas próximas horas ou días o conselleiro de Sanidade concretará coas autoridades portuguesas o número de camas que poremos á súa disposición», asegurou o presidente autonómico.

«O Cunqueiro ten a capacidade suficiente para ofrecer esta axuda», defenddeu Feijóo, que colocou ao hospital vigués como o «exemplo na loita contra o COVID en Galicia e toda España».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES