jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísO certificado COVID seguirá pedíndose en hospitais e residencias

O certificado COVID seguirá pedíndose en hospitais e residencias

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou hoxe a Xunta a prorrogar en toda a comunidade, ata o próximo 9 de abril, a obriga de presentar o certificado covid-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos doentes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios, residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional.

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo destaca no auto que esta medida permite «o mantemento desas actividades en situacións nas que se aprecia un incremento de risco de contaxio, polas características de especial vulnerabilidade que concorren».

Ademais, indica que o feito de que o pasaporte covid-19 «non elimine completamente a posibilidade de novos contaxios», non invalida «a idoneidade dunha medida que permite reducir o risco», asegura o TSXG nun comunicado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES