jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísMorren dous tripulantes vigueses nun atuneiro nas Seychelles

Morren dous tripulantes vigueses nun atuneiro nas Seychelles

Nova traxedia no mar que azouta a GaliciaUnha futa de amoniaco que acabou nunha deflagración no atuneiro conxelador Albacora Catro, de Vigo. No accidente morreron dous tripulantes vigueses dos 31 que estaban a bordo. Hai 8 feridos máis. O barco estaba amarrado en porto ao estar en reparación.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda:

Na explosión morreron dúas persoas, o xefe de máquinas e o segundo oficial. O xefe de máquinas é Ángel Boo, ten 35 anos, natural de Palmeira en Ribeira, vivía en Escarabote e ten dúas fillas. O segundo oficial é Francisco Cameán Santos ten 28 anos, natural da parroquia de Xuño, no concello do Porto do Son, e vivía na parroquia de San Pedro de Muro.

Ademais, outros oito tripulantes quedaron feridos. Foron atendidos polo centro do Instituto Social da Mariña na zona e posteriormente foron trasladados ao hospital. Sete deles estaban feridos leves e xa recibiron a alta o outro mariñeiro ferido sigue ingresado, por unha insuficiencia respiratoria.

Os dous falecidos estaban na cuberta inferior do barco, segundo manifestaron algúns mariñeiros cando saíron do atuneiro.

O atuneiro conxelador Albacora Catro ten de 88 metros de eslora é propiedade da viguesa Compañía Europea de Túnidos, con sede en Mos, e foi construído en 1974 e reformado no ano 1988. É un pesqueiro que opera habitualmente no océano Índico. Estaba sendo reparado nas Seychelles, en Porto Vitoria. Sufrira unha avaría en maio, cando volveu ao mar despois de descargar as capturas no porto.

Representantes da empresa armadora xa viaxaron onte noite ata Porto vitoria.

No ano 2000 o barco fíxose coñecido ao sufrir un secuestro por piratas en Somalia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES