jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísMorre tras causar un accidente na AP-9 ao ir en sentido contrario

Morre tras causar un accidente na AP-9 ao ir en sentido contrario

Morreu este luns pola mañá no hospital coruñés tras resultar ferido de moita gravidade tras circular durante 5 kms en sentido contrario na AP-9 a altura de Bergondo.

O condutor do vehículo que este domingo, sobre as 18.00 horas, provocou un aparatoso accidente en Bergondo ao circular pola AP-9 en sentido contrario morreu, aos 72 anos, este luns debido á gravidade das lesións que presentaba.

O home fora ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) cun traumatismo abdominal de prognóstico moi grave.

Ademais do falecido, dous membros dun matrimonio resultaron feridos neste accidente. Unha muller está ingresada na UCI con traumatismo abdominal con prognóstico grave e outro home cun traumatismo torácico que está en planta, menos grave.

O sinistro tivo lugar pasados uns minutos das 18,00 horas do domingo no Viaduto de Mariñán, en Bergondo, cando o condutor do coche que circulaba en sentido contrario «a gran velocidade» porque «se confundiu», segundo informou a Garda Civil, impactou con outro turismo frontalmente.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES