viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísMorre o escritor vigués Domingo Villar a causa dun ictus

Morre o escritor vigués Domingo Villar a causa dun ictus

O escritor vigués Domingo Villar faleceu este mércores aos 51 anos de idade no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresara este luns tras sufrir un infarto cerebral. Non haberá capela ardente  por expreso desexo da familia, que quere despedilo na máis estrita intimidade.

Domingo Villar era un dos escritores galegos máis recoñecidos grazas á tradución dos seus libros a varios idiomas, a partir das versións orixinais en galego e castelán. ‘Ollos de auga’ foi a súa primeira novela, publicada en 2006, seguida de ‘A praia dos afogados’. En ambas, Vigo ten un papel protagonista.

O escritor de novela negra foi un dos galardoados co premio Vigués Distinguido este ano, grazas á súa obra, recoñecida en todo o mundo. «Hoxe faleceu aos 51 anos Domingo Villar, o noso autor, o noso querido amigo e o protagonista dun dos grandes fenómenos da novela policial en castelán dos últimos anos, ao que tivemos o orgullo de acompañar no camiño», sinala a editorial Siruela nun comunicado.

Asentado en Madrid desde hai case 30 anos, gustáballe describirse como «un pesimista alegre» e como un «artesán que conta historias amodiño e que fala de personaxes emocionados».

A súa escrita, vencellada aos lugares do seu Vigo natal, a ría, o Elixio… son escenarios dunha triloxía que precisou dunha década de silencio literario para rematar a terceira entrega. Domingo Villar tiña claro que «a presa é inimiga da literatura».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES