sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísMedio cento de infectados COVID nas UCI dos hospitais galegos

Medio cento de infectados COVID nas UCI dos hospitais galegos

As UCI dos hospitais galegos teñen arestora a 49 pacientes COVID, logo de sumar dous máis na última xornada. Os casos activos en Galicia baixaron en 7na última xornada ata os 3.113.

As UCI dos hospitais galegos suman case medio cento de diagnosticados de coronavirus, aínda que con 164 en planta a situación nos hospitais é de estabilidade con 213 ingresados en total.

Na última xornada detectáronse 211 novos positivos pero foron moitas as altas dadas o que permitiu baixar o número total de infectados a 3.113.

Baixaron os positivos en todas as áreas, especialmente na de Pontevedra (-25), agás na de Lugo e Ourense que subiron.

Á cabeza segue estando a área de Vigo:

Vigo: 933 (-1)

A Coruña: 744 (+1)

Pontevedra: 474 (-25)

Santiago: 358 (=)

Ourense: 271 (+7)

Lugo: 236 (+17)

Ferrol: 97 (-8)

O Sergas notificou dous decesos na última xornada o que eleva o número de mortos en Galicia pola pandemia a 2.388 persoas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES