viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísMedio cento de actividades para divulgar o legado de Xela Arias

Medio cento de actividades para divulgar o legado de Xela Arias

Preséntase a programación das Letras Galegas 2021, un conxunto de propostas no eido literario, expositivo, deportivo, musical ou escénico

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega (CDG), en colaboración coa CRTVG, así como empresas, administracións locais e varias editoriais celebrarán un amplo programa con ata medio cento de iniciativas presenciais e en liña que abranguen propostas no eido literario, expositivo, deportivo, promocional, musical e escénico, entre outros. Están dirixidas a todos os públicos de toda Galicia, e terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio en Vigo.
Durante a presentación da programación que tivo lugar no IES Castelao de Vigo, onde estudou a propia Xela Arias, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, subliñou o carácter excepcional que terán novamente as celebracións no actual contexto sanitario que demostran que “a cultura volve con forza”. Como engadiu, trátase dunha programación “completa e variada” que fará posible divulgar en Galicia e fóra dela o “enorme legado” de Xela Arias, unha muller, afirmou, “pioneira, moderna, transgresora, comprometida, feminista e precursora”.

As actividades están descentralizadas por toda a Comunidade e terán como acto central o propio Día das Letras, o 17 de maio, na cidade de Vigo. Reforzaranse as propostas dixitais e audiovisuais para chegar a máis lugares da Comunidade con iniciativas como un videomapping que proxectará versos e imaxes da autora en 25 emprazamentos e edificios significativos de toda Galicia. Os equipos de dinamización dos centros educativos elaborarán recursos para promover a súa obra, de xeito especial os dous centros de referencia na vida da autora como o IES Castelao de Vigo IES ou o Xelmírez II en Santiago.

Podes consultar toda a programación e traxectoria da escritora no seguinte dossier

LETRAS_GALEGAS_21_v3.pdf

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES