sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísHospitalizado un tomiñés de 78 anos por picadura de avespas

Hospitalizado un tomiñés de 78 anos por picadura de avespas

Atópase hospitalizado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo logo de sufrir un ataque de vespas. É a situación dun tomiñés de 78 anos que recibiu asistencia pola picadura de varios insectos. Foi mobilizado o helicóptero con base en Ourense para auxilialo pero finalmente non foi necesario trasladalo por aire.

Os servizos de emerxencia trasladaron ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo un veciño de Tomiño de 78 anos afectado por picaduras de avespa.

O 112 recibiu unha chamada de emerxencia dun particular e os servizos de emerxencia localizaron á vítima na zona do monte Valiña.

O 061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero finalmente non foi necesario.

Os profesionais desprazados en ambulancia fixéronse cargo do home e, tras darlle unha primeira asistencia, trasladárono ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde se atopa ingresado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES