viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGraves queimaduras para un dos feridos do incendio de Pontesa

Graves queimaduras para un dos feridos do incendio de Pontesa

Na unidade de queimados do hospital Juan Canalejo da Coruña está o ferido máis grave dos tres que deixou o incendio de Pontesa este domingo.

O lume deuse por controlado á medianoite. O incendio comezaba pouco despois das tres da tarde e onte, nas instalacións anexas á fábrica de Pontesa. Aínda que de momento se descoñecen as causas, onte a Policía Local de Pontevedra, apuntaba xa como unha das posibles causas que se estaba queimando unha morea de cereais, de soia; unha queima que, por causas que se descoñecen, se descontrolou e acabou prendendo a unha morea de pipas de xirasol.

No incendio quedaron feridas tres persoas, unha delas grave, un home de 59 anos.

Os feridos foron dous operarios da empresa Grupo Nogar, a dona da nave e un bombeiro que participaba nos traballos de extinción. O máis grave é o segundo traballador da empresa, un home de 59 anos que, tras ser trasladado ao Hospital Montecelo, tivo que ser derivado á unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, ante a gravidade das súas queimaduras.

Segundo fontes hospitalarias, o ferido ten queimaduras de terceiro grao no 85 % do seu corpo. A vítima é Benito González Dopazo, traballador do grupo Nogar e concelleiro do PSdeG-PSOE en Marín.

O segundo traballador ferido do Grupo Nogar é un home de 44 anos. Tamén está ferido un bombeiro que participaba nas nos traballos e extinción. Os dous están feridos leves e foron atendidos no lugar polos sanitarios do 061.

Os bombeiros de Pontevedra estiveron auxiliados nas tarefas de extinción polos bombeiros de Bueu de Ribadumia.

Os equipos de emerxencias tiveron que «sectorizar» a zona para acabar cos rescaldos que aínda quedaban e arrefriar toda a área afectada polo lume, evitando que este reavivase. Con respecto ao lume, a maior complexidade foi atallalo ante a gran cantidade de cereal que se acumulou no interior da nave, «con todas as dificultades que iso implica para apagar un lume», sinalou a responsable municipal de seguridade.

Este cereal é un produto que, por acumulación de gases e po, pode combustionar con facilidade e iso foi o que produciu a explosión que se rexistrou, provocando que o incendio que xa fora controlado adquira un carácter de gravidade, ao saltar á cuberta da nave.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES