viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten 93 pacientes de COVID-19 en UCI

Galicia ten 93 pacientes de COVID-19 en UCI

O número de galegos e galegas hospitalizados pola COVID-19 baixou en 24 persoas na última xornada. Arestora hai 448 ingresados; deles 93 están en UCI, catro menos que 24 horas antes.

A presión hospitalaria polo coronavirus está en Galicia a día de hoxe en 448 hospitalizados; deles 355 en planta (-20) e 93 nas UCI (-4).

Os casos activos continúan coa súa tendencia á baixa como nas últimas xornadas, aínda que tamén continúan detectándose case douscentos de novos casos. Segundo o Sergas ha4.453 persoas con covid-19 no país, 233 menos ca onte. Detectáronse 191 novos positivos, dos cales 161 foron a través dunha proba PCR.

 

A área da Coruña dobra a de Vigo

 Por áreas sanitarias os casos activos son:

A Coruña: 1.492 (-51)

Vigo: 758 (-13)

Pontevedra: 632 (-51)

Santiago: 469 (-50)

Lugo: 401 (-26)

Ferrol: 424 (-35)

Ourense: 277 (-7)

Por outra banda, o Sergas notificou onte a morte de 3 persoas máis con coronavirus, o que eleva a cifra de vítimas a 2.259 no que vai de pandemia en Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES