viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten 6.500 casos activos e 189 ingresados de coronavirus

Galicia ten 6.500 casos activos e 189 ingresados de coronavirus

Os contaxios de coronavirus non se deteñen. Galicia suma medio milleiro de casos cada día. Ten arestora 6.495 casos. Na última fornada diagnosticáronse 773  novos contaxios. E nos hospitais xa hai 187 persoas ingresadas.

A área de Vigo segue estando á cabeza no número de contaxios, seguida da de Ourense, pero toda Galicia suma contaxios a diario.

Vigo: 1.841 (+189)

Ourense: 1.709 (+137)

A Coruña: 911 (+73)

Pontevedra: 667 (+75)

Lugo: 573 (+25)

Santiago: 488 (+15)

Ferrol: 306 (+8)

Foron detectados 773 casos novos por probas diagnósticas na última xornada, sendo a segund xornada consecutiva por riba dos 700 contaxios.

Os ingresos nos hospitais continúan en ascenso ao sumar 18 novas persoas ingresadas, dúas máis en UCI e 16 máis en planta. En total, hai 187 persoas hospitalizadas, 32 en coidados intensivos e 155 en planta.

O Sergas notificou o deceso de dúas persoas por mor da covid–19, que alza a cifra a 2.673 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES