martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 7.000 contaxios e roza os 200 hospitalizados

Galicia supera os 7.000 contaxios e roza os 200 hospitalizados

Con máis de 800 contaxios diarios de COVID-19 o aumento dos casos activos en Galicia sube imparablemente. Temos xa máis de 7.000 positivos en Galicia e deles 197 están hospitalizados.

 Os casos activos seguen aumentando ata as 7.036 persoas con coronavirus en Galicia.

Foron detectados 815 casos nas últimas 24 horas, unha cifra que non se alcanzaba desde hai máis de tres meses, o pasado 13 de agosto.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 2.033 (+192)

Ourense: 1.813 (+104)

A Coruña: 967 (+56)

Pontevedra: 793 (+126)

Lugo: 587 (+15)

Santiago: 525 (+37)

Ferrol: 318 (+12)

Nos hospitais, os casos seguen en ascenso tanto na UCI (+4) como en planta (+6).

Galicia roza os 200 ingresados: hai 36 en coidados intensivos e 161 en planta, o que sitúa a cantidade en 197 hospitalizacións.

Tres novos decesos por mor da covid foron notificados nas últimas 24 horas, o que sobe o número de falecementos a 2.676 desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES