sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 28.000 casos con 3.400 contaxios nun so día

Galicia supera os 28.000 casos con 3.400 contaxios nun so día

Galicia ten máis de 28.000 casos activos de COVID-19 tras detectar a cifra récord de 3.468 casos nun único día, a tres días de recibir o 2022. As hospitalizacións xa superan as 300 e na última xornada notificáronse 8 novas mortes.

 Os casos activos seguen aumentando en Galicia e xa se contabilizan 28.334 persoas con coronavirus.

En canto aos contaxios diarios, estes baten un novo récord, ao detectarse 3.468 novos casos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.914 (+429)

Vigo: 7.960 (+535)

Ourense: 3.052 (+278)

Santiago: 4.401 (+589)

Lugo: 2.289 (+184)

Pontevedra: 4.111 (+310)

Ferrol: 1.607 (+213)

Nos hospitais hai 305 persoas. Subiron as persoas ingresadas en  UCI (+4) e en planta (+3). Son un total de 305 hospitalizados: Hai 56 persoas ingresadas en coidados intensivos e 249 en planta.

Con todo, o Sergas notificou 8 decesos por mor da covid, que elevan o número de falecementos a 2.753 desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES