viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 2.000 casos activos en COVID-19

Galicia supera os 2.000 casos activos en COVID-19

Son 181 casos máis que onte na comunidade, segundo o SERGAS.

Arstora, 2.466 galegos e galegas teñen a COVID-19, segundo a última actualización de Sanidade. Deste xeito, son 181 persoas máis que na anterior xornada.

Os positivos aumentan especialmente nas áreas de Pontevedra e na de Vigo:

Área da Coruña: 627 (+17)

Área de Pontevedra: 510 (+51)

Área de Vigo: 429 (+43)

Área de Ourense: 311 (+32)

Área de Lugo 264 (+24)

Área de Santiago: 237 (+14)

Área de Ferrol: 88 (=)

En canto á presión hospitalaria, é un paciente máis o que precisa de coidados intensivos ata un total de 11 na UCI e 9 máis nas camas convencionais ata un total de 50. O número de persoas que perderon a vida coa COVID-19 en Galicia mantene en 2.437 posto que o SERGAS non notificou ningún falecemento vencellado ao virus o domingo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES