jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 12.000 contaxios de COVID-19

Galicia supera os 12.000 contaxios de COVID-19

Os casos activos de COVID-19 seguen en aumento e xa pasan dos 12.000 en Galicia. Na última xornada detectáronse 1.072 novos contaxios mediante probas diagnósticas. Vigo é a área sanitaria con máis casos e achégase aos 4.000.

Hai 12.221 persoas con coronavirus en Galicia ao alcanzar o número máximo de contaxios diarios da sexta vaga e rexistra 1.072 novos casos por probas diagnósticas.

Vigo é a área sanitaria con máis casos activos:

Vigo: 3.885 (+154)

Ourense: 2.708 (+51)

Pontevedra: 1.858 (+162)

A Coruña: 1.719 (+133)

Santiago: 826 (+50)

Lugo: 749 (+14)

Ferrol: 476 (+5)

En canto á presión hospitalaria, esta segue aumentando e xa hai case 300 persoas ingresadas, 49 en UCI (+1) e 243 en planta (+18). En total, hai 292 hospitalizados.

Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid–19, que alza a cifra a 2.699 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES