viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia suma 12 persoas hospitalizadas por mor da COVID-19

Galicia suma 12 persoas hospitalizadas por mor da COVID-19

A comunidade conta arestora con 7.208 casos activos en COVID-19, isto é, 910 máis ca onte.

Segundo a última actualización de Sanidade, son 7.208 galegos e galegas os que na actualidade están a pasar a enfermidade do coronavirus. Isto quere dicir, que a comunidade suma en 24 horas 910 novos casos activos. En canto á presión  hospitalaria, se nas anteriores xornadas mantíñase estable, agora experimenta unha repunta con 12 persoas máis hospitalizadas por mor da COVID-19. Deles, catro nas UCI.

Todas as áreas santiarias de Galicai aumentan nos casos activos. A que máis o fai é a de Vigo que suma 202 nun día.

Vigo: 1.591 (+202)

Ourense: 1.429 (+186)

A Coruña: 1.191 (+105)

Pontevedra: 1.285 (+146)

Santiago: 817 (+146)

Lugo: 631 (+92)

Ferrol: 264 (+33)

A ocupación nas UCI vecenllada aos casos de COVID-19 aumenta ata as 14 persoas, catro máis ca onte. Nas camas convencionais son 8 pacientes máis ata as 65. Un repunte que racha coa estabilidade que presentaba a presión hospitalaria en Galicia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES