jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia rexistra o seu xullo máis caloroso con 28º de media

Galicia rexistra o seu xullo máis caloroso con 28º de media

Galicia rexistrou un mes de xullo moi seco no que respecta ás precipitacións e extremadamente cálido en canto ás temperaturas, con 28,1 º de media. A situación de seca podería empeorar se o outono é similar.

Segundo os datos de once estaciones meteorolóxicas representativas, a anomalía media da temperatura para este mes foi de 2,7 ºC. As temperaturas máximas ( 3,9 ºC) foron extremadamente cálidas mentres que as mínimas ( 1,54 ºC) foron moi cálidas. Tanto nas máximas como nas medias a anomalía en xullo foi a máis elevada da serie desde 1981.

O valor medio das temperaturas máximas foi de 28,1 C. As máis altas rexistráronse nas ribeiras do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín, con valores próximos aos 36 graos. Pola contra, os valores máis baixos déronse na Mariña luguesa e na comarca de Ortegal, con valores próximos aos 18,4 graos.

En canto ás temperaturas mínimas, o valor medio foi de 14,6 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse na comarca da Limia, conseguíndose localmente os 8,4 graos, e os máis altos déronse no sur da provincia de Pontevedra, onde localidades do Condado e da comarca de Vigo chegaron a conseguir os 18,9 ºC.

 No que respecta ás precipitacións, a anomalía media, obtida a partir dos datos de 16 estacións meteorolóxicas representativas, foi un 66 % inferior ao valor climático normal, o que fai que poida considerarse este mes como moi seco.

As choivas foron escasas en xeral e a súa repartición foi moi desigual porque a maior parte das precipitacións tiveron un carácter convectivo. As máis importantes sucederon na mañá do día 3 e na tarde-noite do 14, pero non afectaron por igual a todas as comarcas. Algúns lugares quedaron con precipitacións moi escasas ou mesmo nulas e outros puntos achegáronse á normalidade e mesmo foron húmidos.

As temperaturas superaron neses días os 40 ºC en moitos puntos de Galicia, destacando os 44 ºC rexistrados en Ourense na tarde do día 14. Ademais, esa tarde produciuse un Sistema Convectivo de Mesoescala. Unha área de tormentas no norte de Portugal disparou unha área tormentosa do tamaño de Galicia que en menos de catro horas deixou máis de 6.000 raios.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES