jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia restrinxe o ocio nocturno ás 3 da madrugada

Galicia restrinxe o ocio nocturno ás 3 da madrugada

As discotecas só poderán abrir ata as 3 da madrugada a noite de Fin de Ano e as fins de semana ata o 18 de xaneiro. Os restaurantes pecharán ás 00.00 horas, agás os venres e sábado que o farán a 1 da madrugada. Prohibido consumir en barra.

O sector do ocio nocturno negociou esta tarde coa Xunta o horario de apertura de cara ás celebracións de Noitevella. Acordaron abrir ata as 3 da madrugada desde a noite de fin de ano ata o 18 de xaneiro.

Non poderemos reunirnos con ninguén que non sexa a nosa unidade familiar entre as 3 e as 6 da madrugada. Quedan prohibidas polo tanto as festas privadas de Noitevella.

As discotecas e restaurantes que decidan non abrir baixo estas condicións poderán acollerse a un novo paquete de axudas. Só terían dereito a estas bonificacións aqueles negocios que decidan non abrir, excluíndo aqueles que efectivamente adopten este horario.

As axudas repartiranse en función dos metros cadrados que teñan os locais:

• Menos de 100 m²: axudas de 2.500 €

• Entre 100 m² e 250 m²: axudas de 5.500 €

• Entre 250 m² e 500 m²: axudas de 9.000 €

• Entre 500 m² e700 m²: axudas de 14.000 €

• Entre 700 m² e 2000 m²: axudas de 27.000 €

• Máis de 2.000 m²: axudas de 45.000 €

Os bares e restaurantes quedan de novo sen uso da barra e terán que pechar ás doce da noite, agás os venres e os sábados, días que o horario se amplía ata a unha. Ademais, a partir das doce da noite do venres será obrigatorio presentar o certificado covid para entrar nos bares e nas cafeterías a calquera hora.

De luns a venres bares e restaurantes só estarán abertos ata as doce da noite, e as fins de semana ata a unha. O mesmo que a noite do 31. Ese día poderán pechar á unha da mañá, pero non poderán volver abrir antes das dez da mañá do día seguinte.

As recomendacións esténdense ás celebracións en familia. Sanidade insiste en que non se xunten máis de dúas unidades familiares, e por suposto, que non se fagan festas de Noitevella privadas.

Sanidade tamén propón evitar os eventos musicais masivos, e de celebrarse, terá que ser co público sentado. Na mesma liña, tamén recomenda evitar as aglomeracións en Reis, e mellor se as cabalgatas son estáticas.

Tras a reunión co sector do lecer nocturno, Alfonso Rueda asegurou que estas medidas se toman co obxectivo de compatibilizar a situación pandémica actual coa actividade económica.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES