jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísGalicia recibe máis de 60.000 doses, ningunha de AstreZeneca

Galicia recibe máis de 60.000 doses, ningunha de AstreZeneca

A Xunta de Galicia recibiu, no día de hoxe, un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna.

En total, son 60.550 doses. Das cales, ningunha pertence á farmacéutica de AstraZeneca.

Esta semana, a Xunta de Galicia continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade. Continuarase, tamén, coa vacinación de grandes dependentes.

Mañá martes, día 30 de marzo, en horario de mañá, volverá a ter lugar unha nova xuntanza do comité clínico que asesora ao Goberno galego nas medidas a levar a cabo para loitar contra a covid co fin de avaliar os datos do virus «municipio a municipio». Nesta nova reunión do comité volveranse analizar os datos epidemiolóxicos do conxunto dos concellos galegos, así como os datos da presión asistencial nas distintas áreas sanitarias, para, en consecuencia, adoptar as medidas oportunas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES