viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pide moratoria ao veto pesqueiro para salvar o Nadal

Galicia pide moratoria ao veto pesqueiro para salvar o Nadal

O vindeiro 9 de outubro entrará en vigor o regulamento da Comisión Europea que prohibe a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico e a Xunta pide unha moratoria de 2 meses para que o sector e a economía galega salven a campaña de Nadal.

De levarse a cabo será unha medida con forte impacto en Galicia, no sector pesqueiro, pero tamén no total de economía, e contra a que a Xunta insta a pedir unha moratoria de dous meses

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explica que esta moratoria «faría tempo a revisar ese último informe e que non impacte directamente nunha frota que está precisamente agardando os meses de Nadal para poder obter os mellores prezos posibles do seu traballo. Sería unha medida que se vería de bo grado».

O ministro de Pesca, Luis Planas, dixo estar aberto » a todas as posibilidades», aínda que de entrada o Executivo central opta polo recurso ao veto e descarta solicitar a moratoria.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES