viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pasa de 25 a 41 ingresados en UCI nunha semana

Galicia pasa de 25 a 41 ingresados en UCI nunha semana

Galicia localizou na última xornada a 220 novos positivos en coronavirus, situando o total de positivos en 2.875 casos. Preocupante é o ascenso das UCI con 41 casos graves nos hospitais galegos. Soben todas as áreas sanitarias agás Ferrol e Santiago.

A área sanitaria de Vigo continúa á cabeza en positivos de COVID-19 cunha nova suba na última xornada pero A Coruña tamén volve medrar en contaxios:

A Coruña: 699 (+18)

Vigo: 789 (+29)

Ourense: 261 (+16)

Santiago: 350 (-11)

Lugo: 211 (+4)

Pontevedra: 461 (+9)

Ferrol: 104 (-1)

Nos hospitais aínda que as autoridades falan de estabilidade é preocupante a repunta nas UCI con 41 ingresados nestas unidades pola súa gravidade, xa que hai unha semana eran 25 as persoas que requerían coidados intensivos. En planta están 163 persoas, polo que o total de hospitalizados en Galicia pola COVID-19 ascende a 204 persoas.

Dúas mortes notificadas polo Sergas na última xornada aumenta o número de vítimas por covid-19 no que vai de pandemia no país, ata as 2.378.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES