viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia necesita sangue dos grupos 0 positivo, A negativo e positivo

Galicia necesita sangue dos grupos 0 positivo, A negativo e positivo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía.

 

As xornadas festivas xunto coa situación actual da pandemia, con máis de 59.000 casos activos, repercuten nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos, polo que resulta preciso reactivar o permanente chamamento á doazón. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial. 

En moitos dos labores asistencias que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En ocasións pode baixar o número de doazóns, como nas circunstancias actuais, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

 

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días  máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

 

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

 

DATA

CONCELLOS

Xoves 13

de xaneiro

Pontedeume, C.FP Cruz Vermella (A Coruña), Praza Conchiñas (A Coruña), Padrón, Noia, Meaño, Alcampo-Coia (Vigo), Navia (Vigo), Praza Maior (Lugo), Xinzo de Limia

Venres 14

de xaneiro

Centro Comercial Odeón (Narón), C. FP Cruz Vermella (A Coruña), Praza Conchiñas (A Coruña), Obelisco (A Coruña), Noia, Padrón, Vilagarcía, Ponteareas, Valadares (Vigo), Viveiro, Lalín

Sábado 15

de xaneiro

Centro Comercial Odeón (Narón), Obelisco (A Coruña), Noia, Vilagarcía, Ponteareas,  CC As Termas (Lugo)

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA 

Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns  das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE 

Luns  das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns de 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás15.00 horas

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES