jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia mantén o certificado e o límite de comensais 15 días máis

Galicia mantén o certificado e o límite de comensais 15 días máis

Polo menos 15 días máis será necesario amosar o certificado COVID en Galicia para acompañar a un paciente ingresado nun hospital galego ou visitar a un usuario dunha residencia. Igualmente as mesas na hostalería seguirán limitadas a 10 persoas en interior e a 20 persoas en terraza.

Anunciouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:  

Dentro de 15 días, a Consellería de Sanidade e o comité clínico que a asesora decidirán a suspensión ou non da esixencia do certificado de vacinación para os hospitais ou residencias e tamén se finaliza o límite de comensais na hostalería.

Igualmente Comesaña anunciou que «moi pronto», canto teña rematado a vacinación coa segunda dose, das nenas e nenos de 5 a 11 anos, Galicia deixará de recomendar o uso da máscara no recreo nos colexios.

Na última reunión entre o Ministerio de Sanidade e as comunidades non se abordou aínda a retirada da máscara en interiores nos colexios, pero Comesaña defende a súa retirada «gradual» nalgúns ámbitos e tendo en conta como vaian evolucionando as cifras da pandamia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES