viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia implantará un certificado de vacinación COVID en abril

Galicia implantará un certificado de vacinación COVID en abril

Os galegos e galegas que estean vacinados contra a COVID-19, teñan superado a enfermidade ou teñan dado negativo nalgunha das probas de laboratorio poderán acreditalo cun certificado dixital que prepara a Xunta e que funcionará na primeira quincena de abril.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

É posible que incluso entre en vigor xa na primeira semana de abril. Agora mesmo está en probas.

Será un certificado para acreditar a vacinación ou estar en posesión de probas de coronavirus que certifiquen a superación do virus ou que a persoa ten un test negativo. Será compatible co certificado verde que prepara a Unión Europea para todos os países co fin de facilitar a mobilidade e que, neste caso, estará listo en xuño.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou este martes en rolda de prensa que este certificado contará cun código QR para a autentificación dos datos, estará dispoñible en primeiro lugar para os vacinados e poderase consultar nas aplicacións sanitarias (pass covid e nas aplicacións do Sergas) e tamén se poderá imprimir en  papel.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES