sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia deseña a súa proposta para a retirada da máscara

Galicia deseña a súa proposta para a retirada da máscara

Despois de que o Consello Interterritorial de Saúde non abordara, este martes, a retirada da máscara no exterior, Galicia non vai agardar máis e vai comezar a deseñar a súaproposta sobre en que situacións, no exterior, se vai poder estar sen máscara.

O presidente da Xunta: Alberto Núñez Feijóo:

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Un protocolo sobre o uso de máscaras en espazos exteriores é o que lle urxe ao Ministerio de Sanidade o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, logo de que como agardaba a Xunta, non se abordara este asunto no Consello Interterritorial de Saúde do martes.

En referencia a moitos núcleos nos que a densidade de poboación é moi baixa, Feijóo, nun acto en Vig,o considerou que «non ten ningún sentido» ter que levar a máscara para ir «pola rúa ti só», ou no ámbito rural, onde os traballadores do campo pasan a súa xornada laboral de forma «case continuada ao aire libre».

Por iso, o presidente da Xunta avanzou que o comité clínico de Galicia traballará de aquí ao próximo martes para analizar en que tipo de situacións se pode levantar a obrigatoriedade do uso de máscaras.

Pola súa parte, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, aclarou esta mañá en rolda de prensa que o comité clínico e a Consellería de Sanidade: «Queremos escoitar a opinión técnica dos epidemiólogos. O problema non só é quitar a máscara no exterior, queremos analizar en que situacións do exterior tamén. O concepto de exterior é moi amplo e queremos ter un informe detallado para a proposta que fagamos. E estamos pendentes do informe do consello interterritorial. Todo isto lévanos a esperar á semana que vén para tomar esta decisión, pero na liña de que será máis pronto que tarde», explicpu o conselleiro, Julio García Comesaña en rolda de prensa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES