jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia defende a retirada "gradual" da máscara en interior

Galicia defende a retirada «gradual» da máscara en interior

Non hai presa. É a mensaxe que lanza  o conselleiro de Sanidade. Comesaña propón que se faga «gradual e segundo criterios técnicos», tendo en conta a evolución da pandemia e o avance da vacinación.

Julio García Comesaña:

O conselleiro apela á prudencia porque, dixo que o uso da máscara é unha norma que funciona, e lembra que en Galicia se mantén a recomendación de levala nos patios dos colexios aínda.

Comesaña recoñece que a máscara, que foi “tan eficiente” nas diferentes fases da pandemia para evitar transmisión, “ten que desaparecer” nalgún momento pero cre que ese debate debe producirse no próximo encontro do Sistema Nacional de Saúde e no Consello Interterritorial sobre esa retirada “sexa técnico e que as conclusións e prazos sexan froito do debate e non de oportunidade”.

O conselleiro di que a Xunta “non foxe” do debate da retirada da máscara, senón que “cremos que ten que ser técnico e ten que ser gradual e, desde logo, segundo como vaia evolucionando a situación».

Ao preguntarlle por unha posible retirada gradual, en primeiro lugar, nos colexios, explicou que é “unha liña de traballo que non é descartable”, a medida que vaia evolucionando a vacinación e que se vai estudar.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES