jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia contabiliza 5 casos de hepatite infantil grave

Galicia contabiliza 5 casos de hepatite infantil grave

Aos 3 casos detectados ata agora (2 na área de Vigo e 1 na da Coruña) sumanse 2 casos máis de hepatite grave de orixe descoñecido detectados en Galicia, estes dous novos casos, tamén na área viguesa.

 Comunicados xa ao Ministerio de Sanidade. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade reportou este venres eses dous novos casos de hepatite infantil de orixe descoñecida en Galicia para o reconto nacional.

Os dous casos pertencen á área sanitaria de Vigo. Un deles pasou a enfermidade no mes de marzo e o outro está actualmente ingresado, aínda que «evoluciona favorablemente», segundo fontes de Sanidade.

En total, son 5 os casos detectados en Galicia desde que se trasladou a alerta por esta patoloxía por mor dun incremento dos casos identificados no Reino Unido.

Os dous primeiros casos notificados foron feitos públicos por Sanidade o pasado 19 de abril, un na área da Coruña e outro na de Vigo; un deles pasara a enfermidade en xaneiro e o outro estaba en recuperación cunha evolución clínica positiva.

O terceiro caso rexistrouse na área sanitaria de Vigo e sucedeu en febreiro. Cando informou do mesmo Sanidade indicou que a persoa estaba asintomática e coa «analítica normalizada».

Con todo, a Consellería de Sanidade incide en que o sistema sanitario galego «permanece alerta» na detección de casos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES