viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia chama a vacinarse este mércores a 38.000 galegos

Galicia chama a vacinarse este mércores a 38.000 galegos

O Sergas citou hoxe para recibir a vacina contra a COVID-19 de Pfizer a 38.000 galegos nas sete áreas sanitarias, logo de que para este martes convocase a 40.000 persoas. Os profesionais sanitarios insisten que as vacinas son «seguras e eficaces».

Paula Boga, supervisiora da área de Medicina Preventiva de Santiago:

En grandes recintos, en hospitais e centros de saúce o Sergas está vacinando a galegas e galegos de entre 70 e 79 anos con doses de Pfizer.

A previsión é vacinar hoxe a 38.000 persoas.

Logo de que se paralizase Astrazeneca e logo Janssen (xa autorizadas de novo pola Axencia Europea do Medicamento) hai persoas que teñen medo a vacinarse porque temen que lles cause trombos sanguíneos. Nembergantes os sanitarios lembran que o risco é baixísimo, de un 0,5 % por cada 100.000 vacinados.

Un estudo realizado polo Sergas desvela que a taxa de positividade redúcese case á metade nas persoas que recibiron unha dose da vacina e en preto do 90% nas que recibiron as dúas doses.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES