sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 5.000 casos por primeira vez en dous meses

Galicia baixa dos 5.000 casos por primeira vez en dous meses

Despois de dous meses por riba dos 5.000 casos activos, Galicia logra situarse nos 4.793 casos positivos. Baixan todas as áreas sanitarias e nos hospitais tamén descenden os ingresos: 171 en planta e 43 en UCI.

O descenso da quinta vaga deixa 384 casos activos menos que o día anterior. En total, 4.793 persoas sofren coronavirus en Galicia.

Con todo, as PCR positivas aumentan nas distintas áreas sanitarias galegas (+26). Foron detectados 175 novos casos por PCR.

Por áreas, é a da Coruña a que está á cabeza:

Vigo: 702 (-66)

A Coruña: 1.225 (-76)

Pontevedra: 301 (-15)

Santiago: 873 (-65)

Ourense: 512 (-31)

Lugo: 950 (-100)

Ferrol: 230 (-61)

A presión asistencial segue baixando (-9). Diminúe o número de persoas hospitalizadas en coidados intensivos (-6) e en planta (-3). Así, hai 43 persoas en UCI (-6) e 117 (-3) en planta.

No que respecta aos decesos, o Sergas notificou o falecemento de tres persoas por mor da covid−19, que ergue a cifra a 2.595 decesos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES