viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia aplicará medidas "proporcionadas" para Fin de Ano

Galicia aplicará medidas «proporcionadas» para Fin de Ano

Con máis de 25.500 galegas e galegos contaxiados a uns días das celebracións de Fin de Ano. A Xunta aplicará medidas «proporcionadas» segundo anunciou Feijóo para evitar a interacción social de cara a festividade de Ano Novo. 

Feijóo:

A Xunta busca reducir as interaccións sociais cara ás festas e encontros de fin de ano. As posibles restricións anuncianse este luns tras a nova reunión do comité clínico.

O presidente da Xunta xa adiantou esta mañá que é o lóxico ante o incremento dos contaxios e a alta taxa de positividade.

«O lóxico para fin de ano é adoptar algunha estratexia de diminuír a interacción social para protexer a saúde e a economía» dixo Feijóo.

O mandatario galego asegurou que serán medidas proporcionadas á situación actual, con case 2.500 novos contaxios na última xornada e unha taxa de positividade por riba do 13,5 %, e intentarán evitar a presión hospitalaria e as consecuencias económicas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES