martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia amplía o toque de queda e os restaurantes ás 23.00 horas

Galicia amplía o toque de queda e os restaurantes ás 23.00 horas

«Non ten sentido sendo día ata máis das nove da noite obrigar ás persoas a meterse nas súas casas 45 minutos despois» sinalou o presidente da Xunta, este mércores, para explicar un dos motivos de decidir ampliar o toque de recollida das 22.00 ás 23.00 horas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

As galegas e galegos non terán que estar nas súas casas ata as 23.00 horas a partir do vindeiro venres, 16 de abril, ás 00.00 horas. O toque de recollida pasa das 22.00 ás 23.00 horas. Entre outros motivos polo actual horario de verán.

Desta maneira, a Xunta tamén pode permitir aos restaurantes galegos servir ceas, pasando a poder pechar ás 23.00 horas. Iso sí, só os restaurantes, os bares e cafeterías deberán seguir pechando ás 21.00 horas.

Os restaurantes poderán retrasar o peche dúas horas acreditando ter licenza de restaurante, rexistro de clientes (só atender con reserva previa) e con medidor de CO2.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES