viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísMáis de 80 concentracións no Día da Muller en Galicia

Máis de 80 concentracións no Día da Muller en Galicia

Repartidas polas catro provincias, Galicia acollerá este 8 de Marzo máis de 80 concentracións autorizadas pola Delegación do Goberno. Convocadas pola plataforma Galegas 8M as reivindicacións son máis fortes aínda este ano ao agravarse a desigualdade entre homes e mulleres coa pandemia da COVID-19.

Ministra de Igualdade, Irene Montero:

O lema das marchas é «Sen coidados non hai vida» para reivindicar os traballos invisibles, ou invisibilizados, que recaen sobre as mulleres e que a pandemia precarizou aínda máis. As manifestacións da Coruña e Ourense arrancarán ás cinco; ás seis están previstas en  Santiago e Vigo; en Ferrol, haberá concentración ás sete da tarde, e a de Lugo sairá ás oito.

Pola súa parte, a ministra de Igualdade, Irene Montero,  aseguraba nas últimas horas que o feminismo está máis forte que nunca, pero que este ano non se medirá a súa fortaleza nas rúas por mor da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES